Datos Básicos. Sistema de contas

Contas económicas de Galicia

Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais
Nota: Os datos de 2017 e 2018 son avance
Prezos correntes en miles de euros

A economía galega creceu un 2,8%, en termos reais, no ano 2018

En Galicia, o produto interior bruto (PIB) a prezos de mercado en 2018 estímase en 63.936 millóns de euros, un 3,8% superior ao ano 2017.

O crecemento real da economía galega (taxa de variación interanual do PIB en volume) con respecto ao 2017 sitúase no 2,8%.

Evolución do PIB en termos reais
Porcentaxe

Fonte: IGE, INE, Eurostat
Contabilidade trimestral

Evolución das compoñentes do PIB desde a perspectiva da demanda.
Galicia. Ano 2018

IGE. Contas económicas trimestrais
Nota: Os datos do ano 2018 son avance
(*) Achega ao crecemento do PIB no caso de taxas de variación

PIB desde a perspectiva da oferta e da demanda

Desde a perspectiva da oferta, é de resaltar a suba do VEB da rama da construción (creceu un 6,1% en relación ao 2017 en termos reais) .

Atendendo á estimación do PIB dende a perspectiva da demanda, a rúbrica que experimentou maior subida con respecto ao 2017 foi a da formación bruta de capital (7% en termos reais).

Situación do emprego no 2018

A evolución do emprego, medido en termos de postos de traballo equivalentes a tempo completo, rexistrou en 2018 un aumento con respecto ao ano anterior de 18.880 postos de traballo, o que en termos relativos supón un incremento do 1,9%. Por ramas de actividade, o sector máis beneficiado foi a construción, onde se incorporaron 3.133 postos (3%).

O 71% dos postos de traballo equivalentes a tempo completo corresponden ao sector servizos. O peso desta rama mantívose estable no 2018 con respecto ao ano anterior.

Postos de traballo equivalentes a tempo completo. Galicia

Fonte: IGE. Contabilidade trimestral
Nota: Os datos do ano 2018 son avance

Estrutura do PIBpm por ramas. Galicia
Porcentaxes

Fonte: IGE. Contabilidade trimestral
Nota: Os datos son avance






Evolución do VEB en termos reais por ramas. Galicia
Porcentaxes

Fonte: IGE. Contabilidade trimestral
Nota: Os datos son avance






Evolución do PIB per cápita en paridades de poder adquisitivo(PPS) considerando a UE28=100
España e Galicia


Fonte: EUROSTAT, INE.
Nota: Datos provisionais


En termos de paridade de poder adquisitivo (PPS), o PIB por habitante en Galicia en 2017 foi un 16,9% inferior á media dos 28 estados da UE.



Definicións, fontes e máis información

Definicións

Definicións

Descarga de datos

Compartir: