Datos Básicos. Educación, cultura e lecer

Alumnado matriculado en ensinanza non universitaria de réxime xeral
Curso 2017-2018. Datos provisionais

Fonte: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Datos e cifras do ensino non universitario

O alumnado matriculado en ensinanza non universitairas diminúe nun 0,5% no curso 2017-2018

No curso 2017-2018 o número de alumnos matriculados na educación non universitaria de réxime xeral diminuiu nun 0,5%, o que supón en termos absolutos 1.766 alumnos menos que o curso anterior segundo os datos provisionais.

Os nivel de ensinanza no que se rexistrou maiores incrementos na matrícula foi a formación profesional básica (10%). Pola contra, o número de alumnos en educación especial e en bacharelato de adultos, para curso 2017-2018, estímase que diminúa un 22% e un 12% respectivamente.

Alumnos matriculados nas universidades galegas

Fonte: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Información subministrada directamente

Alumnos matriculados na ensinanza universitaria segundo rama. Galicia
Curso 2016-2017

Fonte: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Información subministrada directamente.

As universidades galegas gañaron alumnos no curso 2016-2017

No curso 2016-2017 nas universidades galegas matriculáronse 56.878 alumnos, 3.168 máis que no curso anterior. Na última década o alumnado matriculado nas universidades galegas diminuíu nun 19,7%. A Universidade de Santiago segue a ser a que conta co maior número de alumnado universitario, na que este representa o 39,7% do total.

A presenza de mulleres segue a ser maior que a dos homes en todas as ramas, excepto na rama de enxeñería e arquitectura.

Produción editorial. Ano 2017
Número de títulos

Fonte: INE. Producción editorial de libros

O número de títulos editados en Galicia diminúe un 5,9% en 2017

En Galicia, no ano 2017 editáronse 1.872 títulos, un 5,9% menos que o ano anterior. A provincia da Coruña acumulou en 2017 o 53,6% dos títulos que se editaron en Galicia.

Gasto en bens e servizos culturais. Ano 2017

Fonte: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Anuario de Estadísticas Culturales

Gasto en bens e servizos culturais segundo grupos de gasto. Galicia. Ano 2017

Fonte: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Anuario de Estadísticas Culturales

En 2017 o 40,3% do gasto en bens e servizos culturais en Galicia dedicouse á telefonía móbil e servizos relacionados con Internet.

En Galicia, no ano 2017, dedicouse o 40,3% do gasto en bens e servizos culturais á telefonía móbil e servizos relacionados con Internet, o 26,8% á compra de soportes, equipos e accesorios audiovisuais, o 20,2% á adquisición de libros e publicacións periódicas e o 12,7% restante a servizos culturais.

Profesorado en centros de titularidade pública segundo o sexo. Galicia

Fonte: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Información subministrada directamente
Nota: os datos son provisionais

No curso 2017-2018 a cifra de persoal docente nos centros de titularidade pública de Galicia acada o valor de 28.194. Neste colectivo existe unha forte presenza de mulleres, onde representan o 71% do total.




Profesores de ensinanza universitaria segundo o tipo de profesor nas
universidades galegas.
Curso 2016-2017


Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Información subministrada directamente

O número de profesores nas universidades galegas aumentou un 0,5% no curso 2016-2017.



Evolución do abandono educativo temperán


Fonte: IGE/INE. Encuesta de población activa; Eurostat/ LFS: EU Labour Force Survey

No ano 2017 o 14,9% da poboación galega de 18 a 24 anos non completou o nivel de educación de secundaria segunda etapa e non segue ningún tipo de formación. Esta porcentaxe en España alcanza o valor do 18,3% mentres que na UE28 sitúase no 10,6%.




Actividade cinematográfica. Galicia. Ano 2017


Fonte: Ministerio de Cultura. Instituto de Cinematografía y de las Artes Audiovisuales. Estadística de Cinematografía: Producción, Exhibición, Distribución y Fomento
Nota: Os datos son avance





Artes musicais e escénicas.Galicia. Ano 2017


Fonte: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Explotación Estadística de las Bases de Datos de Recursos Musicales, de la Danza y de Artes Escénicas


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Definicións

Descarga de datos

Compartir: