Datos Básicos. Enerxía e industria

Electricidade dispoñible para o consumo final en Galicia segundo a súa procedencia. Ano 2017
ktep (miles de toneladas equivalentes de cru)

Fonte: Instituto Enerxético de Galicia
Balance Enerxético de Galicia

Galicia xera o 89,1% da electricidade dispoñible para o consumo final en Galicia

No ano 2017 a electricidade dispoñible para o consumo final en Galicia ascendeu a 2.551 ktep, da que un 11,7% importouse e a restante (2.273 ktep) xerouse en Galicia.

Distribución de enerxía eléctrica por sectores de uso. Ano 2016

Fonte: Ministerio de Industria, Turismo y Comercio. Estadística de la industria de energía eléctrica

No ano 2016 a industria absorbeu o 51,92% da enerxía eléctrica consumida en Galicia

En Galicia, no ano 2016, a industria é o sector que acada a maior porcentaxe de enerxía eléctrica consumida (51,92% do total). En España esta porcentaxe acada só o 32,06%.


Principais indicadores de actividade na industria. Galicia. Ano 2016
Miles de euros, persoas


Fonte: INE. Estadística estructural de empresas: sector industrial. Extraído de http://www.ine.es

As manufacturas concentran o 84,7% da cifra de negocio do sector Industrial

En Galicia, no ano 2016, a cifra de negocios no sector industrial situouse en 36.066 millóns de euros e o persoal ocupado ascendeu a 133.629 persoas.

O 84,7% da facturación do sector industrial en 2016 correspondeu á Industria manufactureira, dentro desta, a maior contribución á cifra de negocios da industria é a actividade da "Alimentación" (20,5%) seguida de "Vehículos de motor, remolques e semirremolques" (17,9%).

Cifra de negocios por agrupacións de actividade. Galicia. Ano 2016
Miles de euros

Fonte: INE. Estadística estructural de empresas: sector industrial .Extraído de http://www.ine.es

Consumo de gasolinas e gasóleos. Galicia
Toneladas

Fonte: Ministerio de Industria, Energía y Turismo. CORES. Extraído de http://www.cores.es

Electricidade neta xerada. Galicia
Ano 2017


Fonte: INEGA. Balance enerxético de Galicia

No ano 2017, dos 2.273 ktep de enerxía eléctrica xerados en Galicia, o 41,4% procedía de enerxías renovables e o 41% do carbón.

Distribución dos ocupados na industria por ramas de actividade
Galicia
Ano 2016

Fonte: INE. Estadística estructural de empresas: sector industrial. Extraído de http://www.ine.es

As manufacturas ocupan a 121.771 persoas, o que supon o 91,1% de toda a ocupación na industria.


Persoas ocupadas na industria por agrupacións de actividade
Galicia
Ano 2016

Fonte: INE. Estadística estructural de empresas: sector industrial. Extraído de http://www.ine.es

As ramas con maior presenza de ocupados son a de "Alimentación" (20,3% do total), seguida da "Fabricación de produtos metálicos, agás maquinaria e equipo" (11,1%) e do  Vehículos de motor, remolques e semirremolques (10,4%).


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Definicións

Descarga de datos

Compartir: