Datos Básicos. Mercados e prezos

Índice de prezos de consumo (IPC). Medias anuais. Galicia. Ano 2018
Porcentaxes


Fonte: INE. Índice de precios de consumo. Base 2016

Soben os prezos dos bens e servizos de consumo

No ano 2018 en Galicia a taxa de variación media anual dos prezos dos bens e servizos de consumo situouse no 1,7%.

Se se atende aos doce grandes grupos de bens e servizos de consumo, as maiores subas déronse no transporte (3,6%), na vivenda (2,7%), nas bebidas alcohólicas e tabaco (2,3%), nas comunicacións (2,2%), nos hoteis, cafés e restaurantes (2%), na alimentación e bebidas non alcohólicas (1,5%) e ensino (1,2%). Pola contra, produciuse unha caída de prezos en ocio e cultura (-0,3%) e do enxoval(-0,2%).

No tocante ás rúbricas, as que máis subiron en 2018 foron as froitas frescas; os ovos; as bebidas alcohólicas; a calefacción, iluminación e distribución de auga e o transporte persoal. O que máis baixou de prezo en 2018 foron o azucre; os aceites e graxas e o transporte público e interurbano.


Prezos dos produtos (rúbricas) da cesta da compra que máis subiron e baixaron. Galicia. Ano 2018
Porcentaxes


O que máis subiu

O que máis baixou


Fonte: INE. Índice de precios de consumo. Base 2016


Principais países que intercambian mercadorías con Galicia. Ano 2018
Miles de euros e porcentaxes

Exportacións/expedicións

Importacións/introducións


Fonte: elaboración do IGE a partir dos ficheiros facilitados polo Departamento de Aduanas da Agencia Estatal de Administración Tributaria
Nota: datos provisionais

O 32,6% das exportacións galegas ten como destino Francia ou Portugal

No ano 2018 Galicia exportou mercadorías por un valor de 22.862,8 millóns de euros (un 5,5% máis que en 2017). O 32,6% das expedicións galegas ten como destino Francia ou Portugal. As principais mercadorías que se exportan dende a nosa Comunidade Autónoma son materias téxtiles e as súas manufacturas (25,5%) e material de transporte (23,6%).

O valor das importacións/introducións acadou os 19.058,1 millóns de euros (un 10,9% máis que en 2017). Os países dos que Galicia importa maior número de mercadorías son, ao igual que no caso das vendas, Francia e Portugal. Estes dous países suman o 36,5% das compras ao exterior. As mercadorías máis importadas foron o material de transporte (28,6% do valor total das importacións/introducións) e produtos minerais (18,2%).


Comercio exterior e intracomunitario de Galicia segundo as principais seccións TARIC. Ano 2018
Miles de euros e porcentaxes

Exportacións/expedicións

Importacións/introducións


Fonte: elaboración do IGE a partir dos ficheiros facilitados polo Departamento de Aduanas da Agencia Estatal de Administración Tributaria
Nota: datos provisionais

Evolución anual do IPC
Taxas de variación interanuais (%)


Fonte: INE. Índice de precios de consumo. Base 2016

Evolución anual do Índice de prezos da vivenda
Taxas de variación interanuais (%)


Fonte: INE. Índice de precios de la vivienda. Base 2010

O Índice de prezos da vivenda trata de medir a evolución dos prezos de compravenda das vivendas de prezo libre, tanto novas como de segunda man.

No terceiro trimestre de 2018, o Índice de prezos da vivenda aumentou en Galicia un 4,1% con respecto ao mesmo trimestre do ano anterior. Para o conxunto de España este incremento foi do 7,2%.


Evolución do comercio exterior de Galicia
Miles de euros, taxas de variación interanuais (%)

Exportacións/expedicións

Importacións/introducións


Fonte: Elaboración do IGE a partir dos ficheiros facilitados polo Departamento de Aduanas da Agencia Estatal de Administración Tributaria
Nota: os datos do ano 2018 son provisionais

Nas gráficas de arriba observamos o crecemento do comercio exterior en Galicia nos últimos anos. Na gráfica inferior obsérvase a evolución do índices de valor unitario para o comercio exterior. Estes índices aproximan aos verdadeiros índices de prezos das operacións de exportación e/ou expedición e importación e/ou introdución de mercadorías con orixe/destino en Galicia, excluído o comercio co resto de España.


Evolución dos índices de valor unitario para comercio exterior
Taxas de variación interanuais (%)


Fonte: IGE. Índices de valor unitario para o comercio exterior
Nota: os datos a partir de 2017 son provisionais

Definicións e máis información

Definicións

Descarga de datos

Compartir: