Datos Básicos. Mundo laboral

Poboación de 16 ou máis anos segundo a relación coa actividade económica. Galicia
Miles de persoas e porcentaxes

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa

En 2018 a taxa de paro en Galicia foi do 13,3%

Galicia, no ano 2017, contaba con 1.243.500 activos, dos cales 1.090.500 estaban ocupados e 165.900 parados.

Con respecto ao ano anterior produciuse un aumento do 2,4% no número de ocupados e unha caída do 15,2% no número de parados.

En 2018 a taxa de actividade situouse no 53,3%, valor igual que en 2017. A taxa de ocupación aumentou 1,2 puntos ata o 46,2% e a taxa da paro diminuíu 2,4 puntos ata acadar o 13,3%.


Evolución das taxas de actividade e paro segundo sexo. Galicia
Porcentaxes

Taxa de actividade
Taxa de paro
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa

Poboación ocupada segundo a situación profesional e o sexo. Galicia. Ano 2018
Miles de persoas

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa

O 78,6% dos ocupados galegos son asalariados.

Dos 1.090.500 ocupados residentes en Galicia no ano 2018, o 19,3% eran traballadores por conta propia, o 80% asalariados e o 0,7% restante atopábase noutra situación profesional (axuda familiar, membro de cooperativa ou outra situación).

Neste ano, o 71,8% dos ocupados galegos traballan no sector servizos, o 15,7% na industria, o 6,3% na construción e o 6,2% restante na agricultura e pesca.

Con respecto ao ano 2018, o número de ocupados no sector da agricultura e a pesca diminuíu un 5,6%. Na construción o número de ocupados aumentou un 1,1%, na industria diminuíu un 1,3% e no sector servizos os ocupados subiron un 4,5%.


Poboación ocupada segundo o sector de actividade e o sexo. Galicia. Ano 2018
Porcentaxes

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa

Afiliacións á Seguridade Social en alta laboral segundo o réxime. Galicia
Número e porcentaxes

Fonte: Información subministrada directamente polo Ministerio de Empleo y Seguridad Social

En 2018 o número de afiliacións á Seguridade Social aumentou un 2,5%

En 2018, a Seguridade Social contabilizou unha media de 997.776 afiliacións en alta laboral na Comunidade Autónoma de Galicia, o que supón un aumento de 23.964 afiliacións con respecto ao ano anterior. En termos relativos, esta subida é do 2,5%.

Por réximes, o xeral contaba en 2018 con 26.031 afiliacións máis que en 2017; unha subida do 3,7% dos traballadores. Pola súa banda, o réxime especial de autónomos perdeu 1.898 afiliacións.

O paro rexistrado diminuíu en 19.777 persoas no ano 2018

En 2018 a media anual do paro rexistrado situouse en 174.651 persoas, un 10,2% menos que no ano anterior. O 46,6% dos parados levaba máis dun ano nesta situación, o 39,8% menos de 6 meses e o 13,6% restante, entre 6 meses e un ano.

Paro rexistrado segundo a duración da demanda. Galicia
Número e porcentaxes

Fonte: Consellería de Economía, Emprego e Industria. Información subministrada directamente

Custo laboral anual por traballador e sector de actividade. Galicia. Ano 2017
Euros

Fonte: INE. Encuesta anual de coste laboral.

O custo laboral bruto por traballador foi de 27.566 euros en 2017

O custo laboral por traballador en termos brutos foi de 27.566 euros no ano 2017. Se a esta cantidade se lle restan as subvencións e as deducións que se recibiron das administracións públicas obtense un custo neto de 27.388 euros por traballador.

Das partidas que compoñen o custo laboral bruto, o 74% destinouse a pagar soldos e salarios, o 24% a cotizacións obrigatorias á Seguridade Social e o 2% restante á satisfacción doutros custos (cotizacións voluntarias, prestacións sociais directas, indemnizacións por despedimento, gastos en formación profesional...)

O salario bruto anual situouse nos 20.195,9 euros en 2014

O salario bruto anual foi de 20.195,9 euros en 2014. Se comparamos por sexo, o salario bruto anual dos homes é 4.708,10 euros maior que o das mulleres.

Composición do salario bruto anual por sexo. Galicia. Ano 2014
Euros

Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos microdatos da Encuesta de Estructura Salarial elaborada polo INE

Taxa de actividade. Galicia e provincias. Ano 2018
Porcentaxes

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa

Segundo a enquisa de poboación activa (EPA), no ano 2018, o número de vivendas galegas que tiñan todos os seus membros activos no paro era de 59.200, un 5,4% do total de vivendas con, polo menos, un activo.


Poboación inactiva segundo a situación de inactividade. Galicia. Ano 2018
Porcentaxes

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa.

Asalariados segundo sexo e o tipo de contrato. Galicia. Ano 2018
Porcentaxes

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa.

En 2018, o 73,4% dos asalariados galegos tiñan un contrato indefinido.


Ocupados segundo sexo e o tipo de xornada. Galicia. Ano 2018
Porcentaxes

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa.

No ano 2018, o 86,5% dos ocupados galegos traballaron a xornada completa. Por sexos, o 5,9% dos homes tiña xornada parcial, mentres que a porcentaxe de mulleres con este tipo de xornada era do 21,9%.

Neste ano, o 22,1% dos homes asalariados galegos traballaban no sector público. Entre as mulleres esta porcentaxe sobe ata o 25,8%.



Variación interanual do número de afiliados á Seguridade Social en alta laboral
Porcentaxes

Fonte: Ministerio de Empleo y Seguridad Social.


Traballadores afectados por expedientes de regulación de emprego autorizados segundo o efecto do expediente. Galicia

Fonte: Consellería de Economía, Emprego e Industria. Estatística de expedientes de regulación de emprego

Evolución do salario mínimo interprofesional. Galicia
Euros/mes

Fonte: Ministerio de Empleo y Seguridad Social

Composición do salario bruto anual. Galicia. Ano 2014
Porcentaxes

Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos microdatos da Encuesta de Estructura Salarial elaborada polo INE

Segundo a enquisa de estrutura salarial, no ano 2014, o salario ordinario representa o 88,1% do salario bruto anual.


Salario bruto anual segundo grupo de idade. Galicia. Ano 2014
Euros

Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos microdatos da Encuesta de Estructura Salarial elaborada polo INE


Definicións e máis información

Definicións

Definicións

Descarga de datos

Compartir: