Datos Básicos. Estrutura da poboación e movementos migratorios

Poboación o día 1 de xaneiro de 2018 segundo o sexo
Persoas


INE. Padrón municipal de habitantes

Durante o ano 2017 o número de empadroados en Galicia diminuíu en 6.596 persoas

O día 1 de xaneiro de 2018 residían en Galicia 2.701.743 persoas, segundo a cifra oficial de poboación facilitada polo Padrón municipal de habitantes. No último ano o número de residentes en Galicia reduciuse en 6.596 persoas, o que supón unha diminución interanual en termos relativos do 0,2%.


Comparación das pirámides de poboación de Galicia e España. Ano 2018
Tanto por cento


Fonte: INE. Padrón municipal de habitantes

En Galicia residen 156 maiores de 64 anos por cada 100 menores de 20 anos

O índice de envellecemento, calculado coma o cociente das persoas de 65 ou máis anos entre os mozos menores de 20 anos, amosa a grao de envellecemento que sofre a poboación dunha rexión. No ano 2018 en Galicia este índice acadou o valor de 156,37, é dicir, por cada 100 mozos menores de 20 anos residían en Galicia máis de 156 maiores de 64 anos. Pola súa banda, na pirámide de poboación de Galicia apréciase que a galega é unha poboación envellecida, cunha base estreita, o que indica que nacen poucos nenos e nenas. Por contra, a parte central e superior da pirámide son anchas, sintomático dunha estrutura poboacional con predominancia da xente de avanzada idade.


Poboación de nacionalidade estranxeira. Ano 2018
Persoas


INE. Padrón municipal de habitantes
Nota: a data de referencia dos datos é o día 1 de xaneiro de 2018

O 3,4% da poboación residente en Galicia ten nacionalidade estranxeira

O día 1 de xaneiro de 2018 tiñan fixada a súa residencia habitual en Galicia 92.558 persoas de nacionalidade estranxeira, o que supón o 3,4% do total da poboación galega.

O 37,2% dos estranxeiros residentes en Galicia pertencen á UE-28. Dentro destes, os grupos máis numerosos son o dos portugueses (14.648) e dos romaneses (8.442). Entre os estranxeiros extracomunitarios, os cidadáns de América do Sur suman 28.855 persoas. Destacan os grupos de brasileiros (7.869), venezolanos (6.275) e colombianos (5.063). Tamén é numeroso na nosa Comunidade Autónoma o colectivo de persoas de nacionalidade marroquí, con 6.900 residentes inscritos no Padrón Municipal de Habitantes de Galicia.


Comparación das pirámides de poboación segundo a nacionalidade
Galicia. Ano 2018
Tanto por cento


Fonte: INE. Padrón municipal de habitantes
Nota: a data de referencia dos datos é o día 1 de xaneiro de 2018

A poboación de nacionalidade española está máis envellecida que a de nacionalidade estranxeira

En 2018 a poboación de nacionalidade estranxeira aumentou un 6,2% con respecto ao ano 2017. Por países sobresae a evolución da emigración procedente de Venezuela, cun incremento de residentes do 42,6% entre ambos períodos. En conxunto, o número de residentes procedentes de Sudamérica aumentou un 14,4%, axudado sobre todo pola evolución de Venezuela, pero tamén de Brasil e Colombia (con incrementos do 9,1 e 15,3% respectivamente). O número de estranxeiros procedente da UE-28 incrementouse lixeiramente entre 2017 e 2018; non obstante, este incremento non se debeu á emigración procedente de Portugal e Romanía, as principais nacionalidades europeas presentes en Galicia, xa que estes colectivos viron diminuída a súa poboación entre 2017 e 2018.

A comparación das pirámides de poboación por nacionalidades amosa que a poboación española está máis envellecida que a de nacionalidade estranxeira. Así, o 25,2% da poboación residente nunha das catro provincias galegas, de nacionalidade española, ten 65 ou máis anos. Esta porcentaxe, no caso da poboación de nacionalidade estranxeira é moito máis baixa, do 6%.


Movementos migratorios externos. Ano 2017
Persoas


INE. Estadística de variaciones residenciales. Elaboración propia a partir dos ficheiros proporcionados polo INE
Nota: na emigración ao estranxeiro inclúense as baixas por caducidade

En 2017 diminuíron as emigracións a outra Comunidade Autónoma e aumentaron as dirixidas cara o estranxeiro

Durante o ano 2017 marcharon de Galicia 30.249 persoas e chegaron 36.932 procedentes do resto de España ou do estranxeiro, o que sitúa o saldo migratorio externo en 6.683 persoas. Neste ano chegaron a Galicia 4.375 inmigrantes máis que en 2016. As entradas procedentes do estranxeiro aumentaron arredor dun 21%; as procedentes doutra comunidade autónoma, un 6,14%. Un total de 18.380 galegos e galegas marcharon de Galicia con destino a outra comunidade autónoma (un 1,95% menos que en 2016) e 11.869 fixérono ao estranxeiro (un 10,03% máis que en 2016).


Poboación de nacionalidade española residente no estranxeiro e inscrita nalgunha provincia de Galicia. Distribución segundo o sexo e os grupos de idade. Ano 2019
Persoas


INE. Padrón de españoles residentes en el extranjero
Nota: a data de referencia dos datos é o día 1 de xaneiro de 2019

Arxentina e Brasil son os países estranxeiros onde viven máis galegos e galegas

O día 1 de xaneiro de 2019 residían no estranxeiro un total de 519.646 persoas de nacionalidade española e inscritas nalgunha provincia galega no Padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE). O 34,4% destas persoas residía en Arxentina, que é o país do estranxeiro onde viven máis galegos e galegas. A continuación atópase Brasil, con 48.691 galegos e galegas.

Segundo a idade, o 10,2% das persoas inscritas no PERE teñen menos de 16 anos, o 59,9% entre 16 e 64 anos e o 29,9% restante 65 ou máis anos.

Poboación residente en Galicia segundo o lugar de nacemento. Ano 2018
Porcentaxe


Fonte: INE. Padrón municipal de habitantes
Nota: a data de referencia dos datos é o día 1 de xaneiro de 2018

Poboación residente nos sete grandes concellos galegos. Ano 2018
Persoas


Fonte: INE. Padrón municipal de habitantes
Nota: a data de referencia dos datos é o día 1 de xaneiro de 2018

Vigo, con 293.642 habitantes, é o concello máis poboado de Galicia. A continuación atópanse A Coruña con 244.850 veciños e Ourense con 105.505 persoas. Entre os sete grandes concellos suman 987.412 habitantes, o 36,6% do total da poboación residente en Galicia.


Índice de envellecemento. Ano 2018
Tanto por cento


Fonte: IGE. Indicadores demográficos

Evolución da porcentaxe de poboación de nacionalidade estranxeira
Tanto por cento


INE. Padrón municipal de habitantes
Nota: a data de referencia dos datos é o día 1 de xaneiro de cada ano

Poboación estranxeira en Galicia segundo as principais nacionalidades
Persoas


Fonte: INE. Padrón municipal de habitantes

Variación interanual da poboación de nacionalidade estranxeira en Galicia
Porcentaxe


Fonte: INE. Padrón municipal de habitantes
Nota: a data de referencia dos datos é o día 1 de xaneiro de cada ano

Poboación de nacionalidade española residente no estranxeiro e inscrita nalgunha provincia de Galicia. Ano 2019
Persoas


Fonte: INE. Padrón de españoles residentes en el extranjero
Nota: a data de referencia dos datos é o día 1 de xaneiro de 2019

O Padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE) obtense dos datos existentes nos rexistros de matrícula de cada oficina ou sección consular. Están obrigados a inscribirse:

  • Os españois que residan habitualmente no estranxeiro e os que trasladen alí a súa residencia habitual.
  • Os seus fillos menores de idade suxeitos á patria potestade, se están na súa compaña.


Definicións e máis información

Definicións

Descarga de datos

Compartir: