Resumo de resultados




Datos Básicos. Sector agrario, pesca e acuicultura

Principais datos económicos da rama agraria e pesqueira. Galicia. Ano 2021


Fonte: IGE. Contabilidade trimestral. Revisión Estatística 2019. IGE-INE. Enquisa de poboación activa
Nota: os datos do VEB e do PIB son avance

En 2021 a rama agraria e pesqueira supuxo o 4,4% do PIB galego

En 2021 o valor engadido bruto (VEB) da rama agraria e pesqueira situouse nos 2.763 millóns de euros (a prezos correntes), o que supuxo o 4,4% do PIB de Galicia nese ano. Con respecto ao acontecido en 2020 o VEB da agricultura e da pesca aumentou un 0,7% (medido en prezos correntes), e o seu peso no tecido produtivo galego diminuíu tres décimas. En termos de índices de volume, o VEB do sector primario aumentou un 0,7% respecto ao ano 2020. A ocupación na agricultura sitúase nas 47.100 persoas en 2021 e na pesca nos 20.300 traballadores e traballadoras.


Número de explotacións con superficie agraria utilizada por comarcas. Ano 2020
Número



Fonte: INE. Censo agrario

As comarcas da Terra Chá e Lugo son as que teñen un maior número de explotacións con SAU

No ano 2020 existían en Galicia 74.757 explotacións agrarias con SAU. A SAU destas explotacións era de 597.993 hectáreas. As comarcas con maior número de explotacións con SAU son as da Terra Chá (4.774 explotacións) e Lugo (3.500). Pola contra, Muros e O Sar, xunto con O Morrazo, non superan o limiar das 400 explotacións por comarca.


Venda nas lonxas. Datos xerais de pesca fresca. Galicia. Ano 2021
Toneladas, miles de euros


Fonte: Consellería do Mar. Anuario de pesca

En 2021 aumentou o importe das vendas de pesca fresca en Galicia un 2,9%

No ano 2021 vendéronse nas lonxas galegas 132.783 toneladas de produtos procedentes da pesca fresca, que xeraron un valor de 425 millóns de euros. Con respecto ao ano anterior, diminuíu o volume das vendas en toneladas (un 11,6%) e pola contra aumentou o importe (un 2,9%).

Con respecto á evolución das vendas segundo a especie, entre 2020 e 2021 aumentaron as vendas (tanto en cantidade como en importe) de case a totalidade dos produtos pesqueiros, agás no caso dos peixes e da categoría resto das descargas (cunha diminución do 0,2% en cantidade pero cun aumento do 29,5% no importe). A comercialización de peixes, a principal especie comercializada nas lonxas galegas, diminuíu en torno a un 16,3% en volume e un 4,2% en importe.

As principais especies vendidas en Galicia en 2021 foron, segundo a cantidade comercializada, a pescada, o lirio e o xurelo (no caso das dúas primeiras superáronse as 20.000 toneladas vendidas). Segundo o importe vendido, ocupan as primeiras posicións, a pescada, o peixe sapo, a ameixa xaponesa, os rapantes e o xurelo.

As lonxas da Coruña (Lonja Coruña, S.A.) e Vigo son os principais puntos de venda de peixe fresco de Galicia se atendemos á cantidade comercializada (representan o 21,2% e o 19,0% do total). Pola contra, se nos fixamos no importe das vendas, a lonxa de Vigo sitúase á cabeza, co 20,7% do total. Outras prazas importantes de comercialización de especies mariñas de Galicia, tanto por cantidade como por importe, son as lonxas de Ribeira, Burela e Celeiro. Estas cinco aglutinan o 81,5 da cantidade e o 70,7% do importe total vendido.


Principais especies vendidas nas lonxas galegas. Ano 2021
Toneladas, miles de euros

Por cantidade

Por importe


Fonte: Consellería do Mar. Anuario de pesca

Efectivos e explotacións de gando bovino. Ano 2021
Número


Fonte: elaboración propia a partir dos datos do SITRAN (Sistema Integrado de Trazabilidade Animal), proporcionados pola Consellería do Medio Rural


Efectivos de gando porcino, ovino e caprino.
Ano 2021
Número


Fonte: Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación


Distribución xeral das terras. Galicia. Ano 2020
Hectáreas


Fonte: Consellería do Medio Rural. Anuario de Estatística Agraria e Superficies Agrícolas
Nota: baixo a denominación "outras superficies" inclúense as seguintes categorías: augas interiores, baldío, improdutivo, urbano e comunicacións


Distribución porcentual das vendas por lonxa. Galicia. Ano 2021
Porcentaxe

Segundo a cantidade vendida

Segundo o importe das vendas


Fonte: Consellería do Mar. Anuario de pesca


Permisos de marisqueo a pé por sexo e idade. Galicia. Ano 2021
Número


Fonte: información subministrada directamente pola Consellería do Mar

Definicións e máis información

Definicións

Descarga de datos

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo