Resumo de resultados


Datos Básicos. Construción e vivenda

Licenzas municipais de obra. Variación neta do parque de vivendas. Galicia

Fonte: IGE, Ministerio de Fomento.
Nota: Variación neta do parque de vivendas= vivendas que se van a crear de nova planta + vivendas que se van a crear en rehabilitación - vivendas que se van a demoler

No ano 2021 concedéronse en Galicia licenzas para a construción de 2.943 vivendas de nova planta

Segundo os datos da Estatística de construción de edificios no ano 2021 concedéronse licenzas para a construción de 2.943 vivendas de nova planta, un 2,22% màis que no ano 2020. Por outra banda tamén se concederon 539 licenzas para a rehabilitación de vivendas (un 8,02% menos que en 2020) e 271 para a súa demolición.

No ano 2021 o prezo medio do metro cadrado da vivenda libre situouse en 1.213,4 euros, un 1,3% máis que no ano 2020.

Por outra banda, o número de vivendas transmitidas, recollida da "Estadística de transmisiones de derechos de la propiedad" do INE, amosa un aumento do 27,35% para Galicia no ano 2021. A compravenda de vivendas medrou un 30,23%.

Evolución do prezo da vivenda libre e protexida. Galicia
Euros/m2

Fonte: Ministerio de Fomento. Extraído de: http://www.fomento.gob.es
Nota: a gráfica elaborouse con datos trimestrais.

Vivendas transmitidas segundo o título de adquisición. Galicia

Fonte: INE. Estadística de transmisiones de derechos de la propiedad

No 2021, a compravenda de vivendas libre en Galicia aumentou nun 30,4%

No ano 2021, segundo a "Estadística de transmisiones de derechos de la propiedad" elaborada polo INE, en Galicia transmitíronse 19.053 vivendas libres en concepto de compravenda, un 30,42% máis que no ano 2020. As transmisións en concepto de compravenda das vivendas protexidas aumentaron un 25,74% respecto ao ano 2020.


Compravenda de vivendas segundo o réxime

Fonte: INE. Estadística de transmisiones de derechos de la propiedad

No 2021 termináronse en Galicia un 2.445 vivendas

Segundo o Ministerio de Fomento, en Galicia, no ano 2021, rematáronse un total de 2.445 vivendas, 2.290 delas libres. Por outra parte, no ano 2021 termináronse 155 vivendas protexidas en Galicia.


Número de vivendas terminadas

Fonte: Ministerio de Fomento. Extraído de http://www.mfom.es
Nota: As vivendas protexidas inclúen as vivendas protexidas suxeitas a distintos réximes de protección e vivendas de promoción pública. O número de vivendas libres terminadas é estimado a partir dos proxectos visados polos colexios de arquitectos. Datos provisionais.

Número de edificios que se van construír de nova planta, en rehabilitación e en demolición
Galicia

Fonte: IGE, Ministerio de Fomento. Estatística de construción de edificios








Prezo medio do metro cadrado da vivenda libre nos concellos maiores de 25.000 habitantes.
Euros/m2

Fonte: Ministerio de Fomento. Extraído de http://www.mfom.es
Nota: Os datos anuais calcúlanse como media dos catro trimestres.
(..) Dato non dispoñible








Compravenda de vivendas segundo réxime. Galicia. Ano 2021
Porcentaxes

Fonte: INE. Estadística de transmisiones de derechos de la propiedad









Definicións, fontes e máis información

Definicións

Definicións

Descarga de datos

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo