Panorama dos sete grandes concellos. Traballo

Persoas afiliadas á Seguridade Social en alta laboral

A continuación amósase o número de afiliados e afiliadas á Seguridade Social en alta laboral segundo o concello de residencia da persoa traballadora correspondentes ao día 31 de decembro de 2017. Segundo esta información, Vigo é o concello galego onde reside o maior número de persoas afiliadas á Seguridade Social (103.074), seguido da Coruña con arredor de 85.766 traballadores/as.

Os sete grandes concellos galegos suman o 37% das persoas afiliadas á Seguridade Social en Galicia e residentes na comunidade autónoma.

Atendendo á idade, o 32,4% dos afiliados e das afiliadas ten 50 ou máis anos. Agás Vigo, A Coruña e Pontevedra (por unha décima de diferencia), o resto de grandes concellos presentan unhas porcentaxes de afiliados/as neste grupo de idade superiores á media galega.

Persoas afiliadas á Seguridade Social. Ano 2018

Porcentaxe de afiliados e afiliadas en alta laboral de 50 ou máis anos. Ano 2018

Fonte: Elaboración propia a partir do ficheiro de afiliación da Seguridade Social.
INE. Padrón continuo

Fonte: Elaboración propia a partir do ficheiro de afiliación da Seguridade Social.
INE. Padrón continuo

Nacionalidade das persoas afiliadas

O 3% das persoas afiliadas á Seguridade Social residentes en Galicia ten nacionalidade estranxeira. Ferrol é o único concello galego con máis de 50.000 habitantes que presenta unha porcentaxe de persoas afiliadas de nacionalidade estranxeira inferior á media galega (2,4%). Pola súa banda, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo presentan porcentaxes moi similares (entre o 3,9% e o 4,4%), mentres que en Santiago e Pontevedra o peso destes traballadores é do 3,2% e 3% (igual que a media galega), respectivamente.

Persoas afiliadas á Seguridade Social segundo a nacionalidade. Ano 2018

Porcentaxe de afiliados e afiliadas con nacionalidade estranxeira. Ano 2018

Fonte: Elaboración propia a partir do ficheiro de afiliación da Seguridade Social.
INE. Padrón continuo

Fonte: Elaboración propia a partir do ficheiro de afiliación da Seguridade Social.
INE. Padrón continuo

Persoas afiliadas entre a poboación de 16 a 64 anos

Como indicador de ocupación, pódese calcular o número de persoas afiliadas á Seguridade Social entre a poboación de 16 a 64 anos (ambos inclusive). Dos grandes concellos, Santiago é o que presenta un maior indicador, con 57,4 afiliados/as en alta laboral por cada 100 persoas entre 16 e 64 anos. No outro extremo atópase Ferrol con aproximadamente 45 afiliados e afiliadas por cada cen persoas neste grupo de idade.

Persoas afiliadas á Seguridade Social entre a poboación
de 16 a 64 anos. Ano 2018

Porcentaxes

Número de afiliados e afiliadas en alta laboral entre a poboación de 16 a 64 anos. Ano 2018
Porcentaxes

Fonte: Elaboración propia a partir do ficheiro de afiliación da Seguridade Social.
INE. Padrón continuo

Fonte: Elaboración propia a partir do ficheiro de afiliación da Seguridade Social.
INE. Padrón continuo

Afiliacións segundo o sector de actividade

No tocante aos sectores de actividade, o 72,4% das afiliacións de residentes na Comunidade Autónoma de Galicia corresponde ao sector servizos. Nos municipios con máis de 50.000 habitantes esta porcentaxe sobe ata valores que superan o 85%. Destaca Santiago de Compostela co 87,2% de afiliacións no sector servizos.

Para o sector industrial, Vigo é o concello con maior porcentaxe de afiliacións (16,1%) seguido de Ferrol (13,8%). No outro extremo sitúase Santiago onde as persoas ocupadas na industria apenas supoñen o 7,1% do total de afiliacións de residentes neste concello.

Porcentaxe de afiliacións á Seguridade Social segundo o sector de actividade. Ano 2018

Fonte: Elaboración propia a partir do ficheiro de afiliación da Seguridade Social.
INE. Padrón continuo

Información inframunicipal

Nas seguintes ligazóns están dispoñibles, para os sete grandes concellos de Galicia, os datos de traballadores afiliados á Seguridade Social en alta laboral por distritos e sección censuais. Ademais, pódese acceder a unha aplicación que permite representar os datos de cada un dos concellos en mapas de distritos e seccións.

Nota metodolóxica

A data de referencia dos datos contidos no ficheiro de afiliacións á Seguridade Social en alta laboral é o 31 de decembro de 2017. Para calcular os indicadores pertinentes e construír os mapas por seccións e distritos consideráronse a poboación e os mapas de distritos e seccións a 1 de xaneiro de 2018, de ahí que as táboas e os resultados finais teñan ano de referencia 2018.

Compartir: