Cifras de poboación

ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada

Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización

Poboación segundo grao de urbanización. Información para Galicia e provincias

No período 1998-2018 a poboación galega aumentou na zona densamente poboada (ZDP) e na intermedia (ZIP) e diminuíu na zona pouco poboada (ZPP). A poboación da zona intermedia experimentou nese período un crecemento do 13,8%, notablemente maior que na ZDP que só acada o 1,8%. Por provincias, o comportamento non é similar se ben hai algún trazo común a todas elas, como é a significativa perda de poboación no período 1998-2018 na ZPP e, de xeito especial, nas provincias de Lugo e Ourense.

No ano 2018 a poboación das provincias da Coruña e Pontevedra incrementouse con respecto á do ano 1998 un 1,2% e un 3,9% respectivamente. Pola contra, a poboación das provincias de Lugo e Ourense diminuíu con respecto á do ano 1998. En termos absolutos, no período 1998-2018, Galicia experimentou unha diminución na súa poboación cifrada en 22.801 habitantes; A Coruña e Pontevedra gañaron 48.500 habitantes e Lugo e Ourense perderon 71.301 habitantes.


Poboación segundo o grao de urbanización. A Coruña.
Anos 1998 e 2018

Poboación segundo o grao de urbanización. Lugo.
Anos 1998 e 2018

Poboación segundo o grao de urbanización. Ourense.
Anos 1998 e 2018

Poboación segundo o grao de urbanización. Pontevedra.
Anos 1998 e 2018

Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización

Poboación segundo o subgrao de urbanización. Galicia

No ano 2018 o 73,3% da poboación galega reside na ZDP (36,6%) e nas dúas subzonas intermedias, ZIP alta (28,3%) e ZIP baixa (8,4%). Con respecto ao ano 1998, a porcentaxe de poboación que acumulan estas tres subzonas incrementouse en 5,6 puntos. Por outra parte a ZPP baixa, que no ano 2018 conta co 14,6% da poboación galega, experimentou con respecto ao ano 1998 unha diminución de 4,9 puntos no peso da súa poboación sobre o total de Galicia.

Os datos da evolución da poboación nas seis subzonas de urbanización de Galicia no período 1998-2018 reflicten, por un lado, un incremento significativo de poboación da ZIP alta e, por outro lado, unha perda de poboación da ZPP intermedia e baixa. Así, no 2018 a poboación da ZIP alta creceu un 16,8% con respecto á do ano 1998; pola contra, a ZPP intermedia diminuíu a súa poboación nun 17,4% e a ZPP baixa nun 26%.


Poboación segundo o subgrao de urbanización. Galicia

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir de: INE. Censos de poboación, INE. Padrón Municipal de Habitantes

Compartir: