Taxa bruta de natalidade

ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada

Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización

Taxa bruta de natalidade segundo o grao de urbanización. Información para Galicia e provincias. Ano 2017

Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización

Taxa bruta de natalidade segundo o subgrao de urbanización. Galicia

A taxa bruta de natalidade de Galicia situouse no ano 2017 en 6,8 nacementos por 1.000 habitantes. A consideración do indicador segundo o grao de urbanización permite resaltar en primeiro lugar que a ZPP se diferenza das outras dúas zonas pola súa baixa taxa de natalidade (5,1 nacementos por 1.000 habitantes no ano 2017) e, en segundo lugar que na ZDP e na ZIP a taxa bruta de natalidade é moi parecida.

No ano 2017 a taxa bruta de natalidade sitúase en valores inferiores aos do 2002 en todas as subzonas, agás na ZPP baixa, na que o indicador de 2017 é superior ao de 2002. Esta zona, na que o indicador toma o valor de 4,3 nacementos por 1.000 habitantes, é a zona con peor natalidade de Galicia. A ZDP e ZIP alta presentan comportamentos similares en termos de natalidade, con 7,6 e 7,5 nacementos por 1.000 habitantes respectivamente no ano 2017.


Taxa bruta de natalidade segundo o subgrao de urbanización. Galicia. Anos 2002 e 2017

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Máis definicións de interese

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir de: IGE. Cifras poboacionais de referencia, IGE-INE. Movemento Natural da Poboación

Compartir: