Índice sintético de fecundidade

ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada

Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización

Índice sintético de fecundidade segundo o grao de urbanización. Información para Galicia e provincias. Ano 2017

Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización

Índice sintético de fecundidade segundo o subgrao de urbanización. Galicia

O número medio de fillos por muller é lixeiramente máis alto na ZDP e na ZIP que na zona máis rural (ZPP), onde é inferior a 1 (agás nas provincias da Coruña e Pontevedra). De todos os xeitos, a pesar do mellor comportamento do índice sintético de fecundidade nesas dúas zonas, ningunha das tres zonas de urbanización ten asegurado o reemprazo xeracional, que se sitúa en 2,1 fillos por muller.
Por provincias, o número medio de fillos por muller acada o seu valor máis alto en Pontevedra e o máis baixo en Ourense.
No período 2002-2017 o número medio de fillos por muller en Galicia pasou de 0,95 a 1,12. Por subzonas o comportamento é similar, se ben hai que resaltar que ningunha delas consegue superar no ano 2017 o valor de 1,2 fillos muller.
Por último, cómpre sinalar que na subzona máis rural, ZPP baixa, o indicador non logra acadar a cifra de 1 fillo por muller e sitúase no ano 2017 en 0,89. No outro extremo atópase a ZIP alta, que cun valor do indicador igual a 1,19 fillos por muller, é a que mellor se comporta.


Índice sintético de fecundidade segundo o subgrao de urbanización. Galicia

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Máis definicións de interese

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir de: IGE. Cifras poboacionais de referencia, IGE-INE. Movemento Natural da Poboación

Compartir: