Rendas mixtas sobre a renda dispoñible bruta

ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada

Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización

Rendas mixtas sobre a renda dispoñible bruta segundo o grao de urbanización. Información para Galicia e provincias. Ano 2016


Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización

Rendas mixtas sobre a renda dispoñible bruta segundo o subgrao de urbanización. Galicia

No ano 2016 o indicador das rendas mixtas sobre a renda dispoñible bruta semella ter unha certa relación inversa co grao de urbanización no conxunto de Galicia, de tal forma que toma os seus valores máis elevados nas zonas menos urbanizadas e máis baixos nas zonas densamente poboadas. Agora ben, a nivel provincia este patrón non sempre se cumpre, xa que, tanto en Ourense como en Pontevedra, o indicador toma os seus valores máximos na ZIP.

O indicador das rendas mixtas sobre a renda dispoñible bruta ten unha evolución no tempo sen grandes variacións, e presenta os valores máis elevados nas subzonas ZPP intermedia e ZPP baixa, mentres que na subzona ZDP é onde este indicador é máis reducido. Cabe resaltar, non obstante, que o indicador diminúe en maior ou menor medida en todas as subzonas de urbanización entre 2010 e 2015, coa excepción da ZDP. A partir deste ano, o peso das rendas mixtas na renda dispoñible bruta comeza a ascender en todas as subzonas.


Rendas mixtas sobre a renda dispoñible bruta segundo o subgrao de urbanización. Galicia

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Máis definicións de interese

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir de: IGE. Contas de distribución da renda dos fogares por concellos

Compartir: