Saldo de rendas primarias bruto sobre a renda dispoñible bruta |
ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada |
En Galicia, no ano 2018, o saldo de rendas primarias bruto sobre a renda dispoñible bruta crece co grao de urbanización e só na ZPP é inferior ao 100%; o que quere dicir que na ZPP a renda dispoñible bruta supera ao saldo de rendas primarias bruto. |
Dende o ano 2010 ao 2015 o indicador saldo de rendas primarias bruto sobre a renda dispoñible diminuíu (coa única excepción do ano 2014, no que rexistrou un leve repunte interanual); esta baixada ten que ver coa diminución, a súa vez, da actividade produtiva ou, alternativamente, coa moderación do seu crecemento, que trae aparellada un decrecemento da remuneración de asalariados e das rendas mixtas e un incremento das prestacións sociais (por exemplo, prestacións por desemprego). Pola contra, nos últimos anos dispoñibles semella que o indicador comeza a recuperarse. |
Saldo de rendas primarias bruto sobre a renda dispoñible bruta segundo o subgrao de urbanización. Galicia. Anos 2010 e 2018 |
IGE. Elaboración propia a partir de: IGE. Renda municipal do sector fogares
Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies