Resumo de resultados


Número de empresas por 1.000 habitantes


ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada


Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización


Número de empresas por 1.000 habitantes segundo o grao de urbanización. Información para Galicia e provincias. Ano 2022

 

Total ZDP ZIP ZPP
Galicia 75,5 84,7 74,5 64,4
   • A Coruña 75,0 84,4 72,2 66,0
   • Lugo 76,0 89,1 80,0 64,9
   • Ourense 75,3 88,3 85,1 61,9
   • Pontevedra 75,9 83,0 74,1 63,4

            Nota: non inclúe o sector primario nin a administración pública (seccións A e O da CNAE-2009) ata o ano 2013


Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización


Número de empresas por 1.000 habitantes segundo o subgrao de urbanización. Galicia

O número de empresas por 1.000 habitantes crece a medida que aumenta o grao de urbanización.

No período 2007-2022 este indicador incrementouse en todas as subzonas de urbanización agás na ZDP e na ZIP. Ademais a ZDP é a que conta cun maior número de empresas por 1.000 habitantes en todo o período. Semella existir tamén unha relación directa entre o subgrao de urbanización e o número de empresas por 1.000 habitantes, de xeito que as subzonas urbanas rexistran valores máis elevados deste indicador; este patrón de comportamento só se altera entre a ZIP alta e baixa, xa que a segunda presenta maior número de empresas por habitante que a primeira nalgúns anos do período considerado. A subzona que aparece máis diferenciada das demais é a ZPP baixa, con 60,8 empresas por 1.000 habitantes no ano 2022 fronte ás 84,7 da ZDP.

2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022
Total 75,1 76,3 75,8 74,9 74,4 73,6 72,8 72,4 73,8 74,9 75,6 76,3 76,7 75,7 74,7 75,5
ZDP 89,0 90,5 89,9 88,4 86,9 85,4 84,0 83,0 84,4 85,6 85,8 86,7 87,0 85,2 84,0 84,7
ZIP alta 75,1 75,8 75,0 73,5 74,0 73,0 72,2 71,7 73,0 74,1 74,5 75,0 75,3 74,4 73,6 74,5
ZIP baixa 75,6 77,0 76,0 74,8 74,4 73,3 72,2 71,8 73,4 74,1 75,1 75,6 76,4 75,2 73,7 74,5
ZPP alta 68,8 68,7 68,1 67,5 68,5 67,9 67,2 66,8 68,5 69,5 70,7 71,2 71,2 70,6 69,3 69,8
ZPP intermedia 63,3 64,5 64,3 64,0 63,9 64,0 63,2 63,4 64,4 65,3 66,4 66,7 67,1 66,8 66,4 67,1
ZPP baixa 52,8 54,0 54,4 54,8 54,0 54,6 55,0 55,3 56,7 57,5 58,8 59,4 60,0 60,3 59,9 60,8
Nota: non inclúe o sector primario nin a administración pública (seccións A e O da CNAE-2009)

                  Nota: non inclúe o sector primario nin a administración pública (seccións A e O da CNAE-2009) ata o ano 2013

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Número de empresas por cada 1.000 habitantes:
É o cociente entre o número de empresas e a poboación, expresado en tanto por mil.
Empresa (Directorio de empresas e unidades locais):
É a unidade xurídica que proporciona cobertura legal ás actividades que se realizan nun ou varios locais. As unidades xurídicas poden ser persoas físicas ou persoas xurídicas con existencia legal independente da dos seus propietarios
Padrón municipal de habitantes:
É o rexistro administrativo onde constan os veciños do concello. Os seus datos constitúen proba de residencia no concello e do domicilio habitual nel.

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir de: IGE. Directorio de empresas e unidades locais, IGE. Cifras poboacionais de referencia

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo