Taxa de risco de pobreza ou exclusión social

ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada

Información para Galicia segundo o grao de urbanización

Taxa de risco de pobreza ou exclusión social segundo o grao de urbanización

No ano 2017 a taxa de risco de pobreza ou exclusión social presenta o seu valor máis elevado na ZPP (21,21%), e a zona onde é menor é a ZDP (19,37%). Con respecto ao ano 2011, a taxa de risco de pobreza ou exclusión social diminuíu na zona intermedia (3,85 puntos) e na pouca poboada (1,56 puntos), e mantívose case no mesmo valor na zona densamente poboada (19,38% en 2011 fronte a 19,37% en 2017). Con respecto ao ano anterior, isto é, o 2016, a taxa de risco de pobreza diminuíu nas zonas densa e intermediamente poboadas pero aumentou, pola contra, na pouco poboada.

Na evolución deste indicador cabe destacar que no período considerado as diferenzas entre as zonas son menores no ano 2017 (onde se rexistra un diferencial de 1,84 puntos entre a zona pouco poboada e a densamente poboada) que no ano 2011 (onde o diferencial entre a zona con maior taxa, a intermedia, e menor taxa, a densamente poboada, era do 4,81).

Taxa de risco de pobreza ou exclusión social. Galicia

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Enquisa estrutural a fogares

Compartir: