Resumo de resultados


Paro rexistrado por 1.000 habitantes


ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada


Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización


Paro rexistrado por 1.000 habitantes segundo o grao de urbanización. Galicia

O número de persoas paradas rexistradas por cada 1.000 habitantes é máis elevado nas zonas densamente poboada e intermedia que na ZPP.

No período 2013-2023 este indicador rexistra nas tres zonas o seu valor máis baixo no ano 2023. Entre 2013 e 2019 o número de persoas paradas por cada 1.000 habitantes diminúe de forma continuada nas tres zonas. Así, o volume de paro rexistrado por cada 1.000 habitantes diminuíu entre 2013 e 2019 un 33,5% na ZDP, un 40,1% na ZIP e un 42,0% na ZPP; no ano 2020 prodúcese un aumento producido pola pandemia da Covid-19 e a partir de ahí o paro volve diminuír ata o ano 2023.

 

2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
Total 155,3 146,4 134,7 123,9 114,2 103,4 97,1 107,6 98,2 87,8 80,7
ZDP 162,3 155,1 143,7 132,8 124,0 114,7 108,5 119,3 108,1 96,5 88,8
ZIP 159,5 148,8 136,5 125,0 114,2 102,1 95,8 107,0 97,1 86,4 79,0
ZPP 139,7 131,0 119,3 109,7 100,3 88,9 82,3 91,2 84,9 76,7 70,7


Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización


Paro rexistrado por 1.000 habitantes segundo sexo e subgrao de urbanización. Galicia

 
A consideración das seis subzonas determinadas polo subgrao de urbanización, así como o sexo, na análise do paro rexistrado por 1.000 habitantes permite comprobar como a incidencia desta variable é maior na ZDP (88,8 persoas paradas/1.000 hab.) para ambos sexos (77,6 para os homes fronte a 99,1 para as mulleres). Parece existir unha certa relación directa entre paro rexistrado e subgrao de urbanización, xa que os valores do indicador diminúen de forma continuada dende a zona ZDP ata a ZPP baixa agás entre a ZPP alta e a ZPP intermedia.
 
Por outra parte, cómpre resaltar o comportamento da subzona máis rural (ZPP baixa), na que o indicador acada un valor notablemente máis baixo que no resto de subzonas; en particular, no ano 2023, o paro rexistrado por 1.000 habitantes na ZPP baixa é un 24,5% inferior ao rexistrado na ZDP.
 
Por último, os datos do indicador segundo o sexo amosan que a incidencia do paro rexistrado é maior nas mulleres que nos homes en todas as subzonas de urbanización.

 

Total Homes Mulleres
Total 80,7 67,1 94,1
ZDP 88,8 77,6 99,1
ZIP alta 80,0 63,2 96,6
ZIP baixa 75,5 60,4 90,8
ZPP alta 73,2 58,7 88,2
ZPP intermedia 77,4 61,4 94,2
ZPP baixa 67,0 58,1 76,9


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Paro rexistrado por 1.000 habitantes:
É o cociente entre o número de persoas inscritas nas oficinas públicas de emprego como parados e a poboación de 16 a 64 anos, expresado en tanto por mil.

Paro rexistrado:
Este concepto, establecido na Orden ministerial do 11 de marzo de 1985, está constituído polo total de demandas en alta existentes a fin de mes, excluíndo, entre outras, as que correspondan ás seguintes situacións:
  • Pluriemprego: demandantes que solicitan outro emprego compatible co que exercen.
  • Mellor emprego: demandantes que, estando ocupados, solicitan un emprego para cambialo polo que teñen.
  • Colaboración social: demandantes perceptores de prestacións por desemprego que participan en traballos de colaboración social.
  • Xubilados: demandantes que son pensionistas de xubilación, pensionistas por grande invalidez ou invalidez absoluta e demandantes de idade igual ou superior a 65 anos.
  • Emprego conxuntural: demandantes que solicitan un emprego para un período inferior a 3 meses.
  • Xornada < 20 horas: demandantes que solicitan un traballo con xornada inferior a 20 horas semanais.
  • Estudantes: demandantes que están cursando estudos de ensinanza oficial regrada sempre que sexan menores de 25 anos ou que, superando esta idade, sexan demandantes de primeiro emprego ou ben demandantes asistentes a cursos de formación profesional e ocupacional, cando as súas horas lectivas superen as 20 á semana, teñan unha bolsa polo menos de manutención e sexan demandantes do primeiro emprego.
  • Demandas suspendidas: demandantes con demanda suspendida en canto permanezan nesta situación.
  • Compatibilidade prestacións: demandantes beneficiarios de prestacións por desemprego en situación de compatibilidade de emprego por realizar un traballo a tempo parcial. Traballadores eventuais agrícolas subsidiados.
  • Rexeitamento de accións de inserción laboral: demandantes que rexeitan accións de inserción laboral axeitadas ás súas características segundo se establece no artigo 17, apartado 2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

A posta en marcha do novo Sistema de Información dos Servizos Públicos de Emprego (SISPE) en maio de 2005 produce unha ruptura da serie de paro rexistrado que se viña publicando ata o momento. A implantación deste novo sistema afecta a estimación do paro rexistrado, non porque cambie a definición, senón pola actualización e xestión automatizada da información e porque se corrixiron os erros que se viñan cometendo con certos colectivos.

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir de: IGE. Cifras poboacionais de referencia, Consellería de Traballo e Benestar. Informe do paro rexistrado e información subministrada directamente

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo