Paro rexistrado de menores de 25 anos por 1.000 habitantes

ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada

Información para Galicia segundo o grao de urbanización

Paro rexistrado de menores de 25 anos por 1.000 habitantes segundo o grao de urbanización. Galicia

O paro rexistrado de menores de 25 anos por 1.000 habitantes acada na ZIP os seus valores máis altos ao longo do período 2010-2017, coa única excepción do último ano, no que o indicador é superior na ZDP. Por tanto, non presenta unha relación directa co grao de urbanización.

No período 2010-2012 o indicador increméntase notablemente na ZPP e acada no 2012 un valor incluso superior ao da ZDP, mentres nas outras dúas zonas permanece practicamente igual. A partir de 2013, o indicador comeza a diminuír nas tres zonas de urbanización, coincidindo coa recuperación do mercado laboral galego. No ano 2017 o paro rexistrado de menores de 25 anos por 1.000 habitantes experimentou unha redución interanual do 5,8%, 9,7% e 10,3% na ZDP, ZIP e ZPP respectivamente.


Paro rexistrado de menores de 25 anos por 1.000 habitantes segundo o grao de urbanización. Galicia

Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización

Paro rexistrado de menores de 25 anos por 1.000 habitantes segundo sexo e subgrao de urbanización. Galicia

Ao considerar os datos do paro rexistrado de menores de 25 anos por 1.000 habitantes nas seis subzonas de urbanización obsérvase como no ano 2017 o valor máis alto acádase na ZDP (50,1 persoas paradas menores de 25 anos por 1.000 hab.) e os máis baixos na ZPP baixa (42,9 persoas paradas menores de 25 anos por cada 1.000 habitantes). Non existe unha relación directa entre este indicador e o subgrao de urbanización.

Por outra parte, os datos do indicador segundo o sexo amosan que a incidencia do paro rexistrado entre os menores de 25 anos é maior nos homes que nas mulleres en todas as subzonas de urbanización, agás na ZDP e na ZPP alta. Isto representa un elemento diferenciador con respecto ao indicador do paro rexistrado por 1.000 habitantes para o total da poboación; este presenta sempre valores máis altos para as mulleres que para os homes en todas as áreas de urbanización.


Paro rexistrado de menores de 25 anos por 1.000 habitantes segundo sexo e subgrao de urbanización. Ano 2017

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Máis definicións de interese

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir de: IGE. Cifras poboacionais de referencia, Consellería de Traballo e Benestar. Informe do paro rexistrado e información subministrada directamente

Compartir: