Contratos iniciais por 1.000 habitantes

ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada

Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización

Contratos iniciais rexistrados por 1.000 habitantes segundo o grao de urbanización. Información para Galicia e provincias. Ano 2017

Os contratos rexistrados por 1.000 habitantes en Galicia aumentan co grao de urbanización. No ano 2017, na zona densamente poboada rexistráronse en Galicia 725,7 contratos por 1.000 habitantes, un 26,1% máis que na zona intermedia e un 85,8% máis que na zona pouco poboada. Este indicador toma para Galicia na ZDP e na ZIP valores moi superiores á ZPP.

Por outra parte, polo que respecta ás provincias, a zona que presenta un maior número de contratos por 1.000 habitantes é, en todas elas, a zona densamente poboada (ZDP).


Contratos iniciais por 1.000 habitantes. Información por provincias. Ano 2017

Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización

Contratos iniciais rexistrados por 1.000 habitantes segundo o subgrao de urbanización. Galicia


Desde o ano 2007 a ZDP é a que presenta un maior número de contratos rexistrados por 1.000 habitantes e acada os valores máis altos no ano 2017. O indicador diminúe ata o ano 2013, no que comeza a recuperarse. Nos últimos tres anos considerados, o volume de contratos por 1.000 habitantes na ZDP aumentou un 29,6%, situándose nos 725,7 contratos por cada 1.000 habitantes en 2017.

Nas restantes zonas, a diferenza da ZDP obsérvase unha melloría do número de contratos por 1.000 habitantes desde o ano 2009 ou 2010, dependendo da zona.


Contratos iniciais rexistrados por 1.000 habitantes segundo o subgrao de urbanización. Galicia

Contratos iniciais rexistrados por 1.000 habitantes segundo sexo e o subgrao de urbanización. Galicia. Ano 2017

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Máis definicións de interese

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir de: IGE. Cifras poboacionais de referencia, Consellería de Traballo e Benestar. Información subministrada directamente

Compartir: