Rendemento medio declarado no IRPF

ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada

Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización

Rendemento medio declarado no IRPF segundo o grao de urbanización. Información para Galicia e provincias. Ano 2016

Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización

Rendemento medio declarado no IRPF segundo o subgrao de urbanización. Galicia

O rendemento medio declarado no IRPF presenta unha relación directa co grao e co subgrao de urbanización, de xeito que crece a medida que aumenta o nivel de urbanización. Así, no ano 2016 o rendemento medio declarado no IRPF varía entre o valor máximo da ZDP (19.862,3 euros) e o mínimo da ZPP baixa (11.187,7 euros).

En canto á evolución temporal, aínda que o rendemento medio declarado no IRPF decrece no período 2008-2012 en todas as subzonas, a partir de 2013 comeza a aumentar. A zona na que máis se incrementou o rendemento medio declarado en termos relativos entre 2012 e 2016 foi a ZPP intermedia (un 10%). No ano 2016 este indicador aumentou entre un 6,4% na ZPP baixa e un 1,4% na ZDP; todas as subzonas experimentaron, por tanto, unha evolución positiva do rendemento medio declarado no IRPF entre 2015 e 2016.


Rendemento medio declarado no IRPF segundo o subgrao de urbanización

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Máis definicións de interese

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir de información subministrada directamente pola Agencia Estatal de la Administración Tributaria

Compartir: