Resumo de resultados


 Estudo Salarios. O mercado de traballo en Galicia. Poboación asalariada segundo a rama de actividade


Estudo de salarios / O mercado de traballo en Galicia / Poboación asalariada segundo a rama de actividade

Poboación asalariada segundo a rama de actividade

As 900.400 persoas asalariadas en Galicia do ano 2022, repártense entre as ramas “O_Q Administración pública e defensa; seguridad social obligatoria; educación; actividades sanitarias e de servizos sociais” cun 26,63%; “G_I Comercio por xunto e ao retallo; reparación de vehículos de motor e motocicletas; transporte e almacenamento; hostalaría” cun 25,87%; “B.E. Industria e enerxía” cun 16,77%; o resto das ramas aglutinan o 30,73% restante da poboación asalariada. Moi similar foi a distribución no caso de España.

Segundo o sexo, en Galicia do total de mulleres asalariadas o 35,83% traballaba na rama “O_Q Administración pública e defensa; seguridad social obligatoria; educación; actividades sanitarias e de servizos sociais”, mentres que para os homes as porcentaxes máis altas corresponden á rama “G_I Comercio por xunto e ao retallo; reparación de vehículos de motor e motocicletas; transporte e almacenamento; hostalaría” (26,01%) e a rama “B.E. Industria e enerxía” (22,64%).

En Galicia atópanse o 5,22% do total de poboación asalariada de España. Por ramas de actividade, as ramas con máis peso respecto a España foron a da “B.E. Industria e enerxía” cun 5,97% e a da “A. Agricultura, gandería, silvicultura e pesca” cun 5,78%.

Poboación asalariada por rama de actividade e sexo. Galicia e España. Ano 2022
Unidade: Miles de persoas e porcentaxes
España
Galicia
Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres Mulleres Galicia % Galicia % España Peso Galicia
Total 17.251,8 8.938,1 8.313,7 900,4 454,9 445,4 49,47 100,00 100,00 5,22
A. Agricultura, gandería, silvicultura e pesca 486,5 386,7 99,8 28,1 23,8 4,4 15,66 3,12 2,82 5,78
B.E. Industria e enerxía 2.529,9 1.818,1 711,9 151,0 103,0 48,0 31,79 16,77 14,66 5,97
F. Construción 969,5 864,5 105,0 52,3 47,6 4,7 8,99 5,81 5,62 5,39
G_I Comercio por xunto e ao retallo; reparación de vehículos de motor e motocicletas; transporte e almacenamento; hostalaría 4.591,8 2.444,6 2.147,1 232,9 118,3 114,7 49,25 25,87 26,62 5,07
J Información e comunicacións 662,1 458,2 203,9 30,3 20,7 9,6 31,68 3,37 3,84 4,58
K Actividades financieras e de seguros 430,9 194,4 236,5 17,3 7,8 9,5 54,91 1,92 2,50 4,01
L_M_N Actividades inmobiliarias, actividades profesionais, científicas e técnicas; actividades administrativas e servizos auxiliares 1.788,3 795,0 993,4 85,3 37,8 47,5 55,69 9,47 10,37 4,77
O_Q Administración pública e defensa; seguridad social obligatoria; educación; actividades sanitarias e de servizos sociais 4.599,9 1.604,5 2.995,4 239,8 80,2 159,6 66,56 26,63 26,66 5,21
R_U Actividades artísticas, recreativas e de entretemento; reparación de artículos de uso doméstico e outros servizos 1.192,8 371,9 821,0 63,3 15,8 47,5 75,04 7,03 6,91 5,31


Distribución da poboación asalariada por ramas de actividade e sexo. Galicia. Ano 2022
Unidade: Porcentaxes


Distribución da poboación asalariada por ramas de actividade. Galicia e España. Ano 2022
Unidade: Porcentaxes


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE-INE. Enquisa de poboación activa

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo