IGE - Portal Educativo. Estatística Recreativa
Portal educativo IGE

A poboación galega, nova ou envellecida?


   A. A continuación móstranse as pirámides de poboación de Galicia do ano 1975 e do ano 2019.
Pirámide 1. Galicia. Ano 1975 Pirámide 2. Galicia. Ano 2019

Nas pirámides, cada barra representa a poboación dun grupo de idade e xénero sobre o total. Están expresadas en tanto por un, non en tanto por cen!


Observa os perfís das dúas pirámides e sinala a opción correcta:
        A pirámide 1 é expansiva e a pirámide 2 regresiva
        A pirámide 1 é estacionaria e a pirámide 2 expansiva
        A pirámide 1 é estacionaria e a pirámide 2 regresiva

   A porcentaxe de poboación nova é maior no ano 2019 que no 1975:
        Verdadeiro
        Falso

   O feito de que a pirámide do ano 2019 teña a cúspide máis ancha significa que a esperanza de vida, aumentou ou diminuíu?
        

   Fíxate ben nas dúas pirámides. Na base e nos primeiros tramos a proporción de mulleres e de homes é similar; sen embargo, nos últimos tramos as barras da dereita son máis grandes que as da esquerda. A que se debe isto?
(Recorda: na parte esquerda das pirámides represéntanse os homes e na parte dereita as mulleres)
        Nos grupos de idades centrais morren máis mulleres que homes
        Nos grupos de idades centrais morren máis homes que mulleres

   B. Na seguinte táboa aparece o índice de envellecemento de Galicia e das súas provincias para os últimos anos:


Axuda: Índice de envellecemento=(Poboación maior de 64 anos)/(Poboación menor de 20 anos)*100

Un valor do índice de envellecemento superior a 100 indica que:
        Por cada 100 mozos menores de 20 anos hai máis de 100 persoas maiores de 64 anos
        A poboación é nova
        Hai máis persoas de 20 anos que de 65 e máis anos

   Cales son as dúas provincias galegas máis envellecidas?
        A Coruña e Pontevedra
        A Coruña e Lugo
        Pontevedra e Ourense
        Ourense e Lugo

   Cal é a única provincia galega na que ata o ano 2006 a poboación menor de 20 anos superaba á poboación de 65 e máis anos?
        

   C. No seguinte gráfico móstrase a distribución da poboación segundo grandes grupos de idade nas catro provincias galegas.

A Coruña é a provincia cunha maior porcentaxe de poboación menor de 20 anos
        Verdadeiro
        Falso

   Ourense é a provincia cunha maior porcentaxe de poboación de 65 e máis anos
        Verdadeiro
        Falso

   Nas provincias de Lugo e Ourense a poboación de 65 e máis anos supera o 25%
        Verdadeiro
        Falso