Moitos dos datos recollidos polo IGE están asociados a unha
localización xeográfica concreta. Presentar esta información en mapas e gráficos axuda a descrubrir patróns xeográficos complexos que
doutro xeito poderían quedar ocultos. Así, o presente "Atlas
comarcal" ofrece unha aproximación á realidade socioeconómica das
comarcas galegas mediante a combinación de gráficos e mapas.
Importante. Ler antes de continuar.
Os mapas incluidos neste "Atlas comarcal" están feitos utilizando a
linguaxe SVG, que é un estandar basado en XML para a representación de
gráficos bidimensionais na web.
Algúns navegadores non soportan de forma natural a visualización
deste tipo de gráficos, facéndose necesario o uso dun plugin para
podelos ver. Estes mapas están optimizados para utilizar o plugin de Adobe - Adobe SVG Viewer - que pode
descargar de forma gratuita dende a seguinte dirección:
http://www.adobe.com/devnet/svg/adobe-svg-viewer-download-area.html
No caso de que xa teña instalado este visor pode seleccionar calquera
dos temas dispoñibles da lista para continuar. |