Catálogo de publicacións


Novidades editoriais   7 publicación(s) atopada(s)
1.- A economía galega a través do Marco Input-Output de Galicia 2005
Esta publicación é unha primeira explotación dos resultados derivados da operación estatística Marco Input-Output de Galicia 2005.
 
2.- Galicia en cifras. Anuario 2009
Nesta publicación, de periodicidade anual, preséntanse as principais variables de contido estatístico, das diferentes fontes dispoñibles no período de referencia e sobre os diferentes ámbitos e materias da realidade socioeconómica, relativas á comunidade autónoma.
 
3.- Datos estatísticos básicos de Galicia 2010
Nestes folletos preséntase un avance dos datos máis relevantes a nivel estatístico da realidade económica e social galega.
 
4.- Memoria Anual da Actividade Estatística. Consello Galego de Estatística  
Na presente memoria inclúese un resumo da normativa aplicable, as actividades estatísticas de produción propia executadas polo IGE, a composición do Consello Galego de Estatística e breves referencias ás actividades de difusión e xestión do IGE. A información presentada, permite facer un seguimento das actividades realizadas polo organismo e contribúe a que o seu labor sexa máis coñecido, nun intento de achegar, na medida do posible, a información estatística ao cidadán.
 
5.- Anuario estatístico Galicia-Norte de Portugal 2010
Nesta publicación preséntase un conxunto de variables estatísticas que permiten comparar as estruturas socioeconómicas de Galicia e o Norte de Portugal.

NOTA: O anuario en formato papel está esgotado. Só hai dispoñibles tarxetas USB.
 
6.- Comunidade autónoma de Galicia. Programa estatístico anual 2010
Nesta publicación inclúense as operacións e outras actividades estatísticas que darán cumprimento ao Plan galego de estatística correspondente.
 
7.- Documentos técnicos.  
Nestas publicacións recóllense distintos traballos e estudos metodolóxidos que se desenvolveron no Instituto Galego de Estatística.
 

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo