Panorama rural-urbano

Introdución

O Instituto Galego de Estatística publicou en xaneiro de 2017 unha actualización da clasificación do grao de urbanización dos concellos galegos (GU 2016), baseada nun estándar europeo. No panorama-rural urbano recóllense os principais indicadores demográficos, sociolaborais e económicos para Galicia e as súas provincias segundo o grao e o subgrao de urbanización. Este conxunto de indicadores permite discernir as diferenzas e similitudes entre as distintas zonas de Galicia e caracterizar o que habitualmente se denomina urbano ou rural.

  • Grao de urbanización: é o tipo de localidade na que reside un individuo segundo o seu carácter urbano ou rural, e establécense tres categorías: Zonas densamente poboadas (ZDP), Zonas intermedias (ZIP), Zonas pouco poboadas (ZPP).

  • Subgrao de urbanización: é unha subdivisión das zonas de urbanización (ZDP, ZIP, ZPP) en subzonas co fin de diferenciar núcleos de características diferentes. Esta subclasificación desagrega a ZIP en duas subzonas (alta, baixa) e a ZPP en tres subzonas (alta, intermedia e baixa).

A clasificación en seis subzonas de urbanización trata de reflectir as peculiaridades do asentamento poboacional en Galicia non recollidas coa clasificación en tres zonas.

Información por temas

Demografía

Indicadores sociolaborais

Economía

Clasificación dos concellos galegos segundo o grao de urbanización

 
Compartir: