Software

demogal: paquete de R para calcular indicadores demográficos e proxectar fluxos e stocks de poboación

  • A elaboración de indicadores demográficos e proxeccións de poboación é unha tarefa habitual das oficinas de estatística pública porque, en todo tipo de planificación, é fundamental coñecer a estrutura demográfica actual e as perspectivas de evolución da poboación. Hoxe en día existen ferramentas informáticas que permiten o cálculo de indicadores e das táboas de mortalidade de maneira sinxela, como poden ser Epidat, follas de cálculo, etc. Estas ferramentas, nalgúns casos, non teñen a flexibilidade necesaria para adaptarse a calquera metodoloxía de cálculo, noutros casos, non permiten procesar grandes conxuntos de datos e, o que é máis importante, cando se manexa gran cantidade de información, a maior parte delas non permiten automatizar o proceso de cálculo. Tendo en conta todas estas dificultades que presentan as ferramentas existentes, desde o Instituto Galego de Estatística (IGE) aproveitando a flexibilidade de R, desenvolveuse este paquete que permite automatizar o cálculo de funcións demográficas que periodicamente se utilizan no IGE.

    O obxectivo do paquete demogal é o cálculo de indicadores demográficos e a elaboración de proxeccións da poboación para un ou máis espazos xeográficos, baseándose no método clásico das compoñentes e utilizando o modelo de proxección multirrexional. O paquete demogal incorpora na elaboración da proxección a posibilidade de consistencia cun espazo superior ou non.

    A versión que se pon agora a disposición dos usuarios é a 1. Trátase dun traballo non acabado e sometido a unha mellora continua. Polo tanto, calquera suxerencia, dúbida, ... contacte con nós aquí.

    A continuación atopará todo o material necesario para empezar a traballar con demogal.

Manual

Programa fonte (.tar.gz)

Exemplo

Compartir: